martes, 13 de septiembre de 2011

XORNADA: SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

O vindeiro VENRES 23 DE SETEMBRO a partir das 9.00 horas celebrase a segunda parte desta xornada organizada polo GDR Mariñas - Betanzos e que conta co financiamento da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
XORNADA: SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

DATA: 23/09/2011
HORA: 9.00 HORAS
LUGAR: SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE ABEGONDO

VER PROGRAMA


MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN GRATUÍTA: info@marinasbetanzos.org / Tlfno. 981 669 541

miércoles, 7 de septiembre de 2011

XORNADA FOMENTO DA INNOVACION NO MEDIO RURAL

A Asociación Mariñas - Betanzos, dentro das súas actividades programadas para este ano 2011, está a organizar cunha axuda solicitada á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, unha xornada para o FOMENTO DA INNOVACIÓN NO MEDIO RURAL.
Esta xornada que leva por título "NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA", celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Abegondo os días 9 e 23 de setembro de 2011 e nela darase a coñecer experiencias para facilitar o acceso a Internet, especialmente nas zonas rurais con maiores dificultades de acceso, para dar servicio ás industrias agroalimentarias e se pretende tamén identificar problemáticas comúns e posibles solucións en materia de infraestruturas e servizos de telecomunicacións, sociedade da información e administración electrónica.
Para asistir pódese reservar praza gratuíta en: info@marinasbetanzos.org ou no teléfono 981 669 541