miércoles, 7 de septiembre de 2011

XORNADA FOMENTO DA INNOVACION NO MEDIO RURAL

A Asociación Mariñas - Betanzos, dentro das súas actividades programadas para este ano 2011, está a organizar cunha axuda solicitada á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, unha xornada para o FOMENTO DA INNOVACIÓN NO MEDIO RURAL.
Esta xornada que leva por título "NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA", celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Abegondo os días 9 e 23 de setembro de 2011 e nela darase a coñecer experiencias para facilitar o acceso a Internet, especialmente nas zonas rurais con maiores dificultades de acceso, para dar servicio ás industrias agroalimentarias e se pretende tamén identificar problemáticas comúns e posibles solucións en materia de infraestruturas e servizos de telecomunicacións, sociedade da información e administración electrónica.
Para asistir pódese reservar praza gratuíta en: info@marinasbetanzos.org ou no teléfono 981 669 541

No hay comentarios:

Publicar un comentario